Vieiras con bechamel

Vieiras con bechamel

Hai momentos nos que queres sorprender aos teus comensais sen necesidade de enredarte de máis. Con esta receita triunfarás sen apenas esforzo. Dálle tempo de cocción ao mollo bechamel para que non saiba a fariña crúa e, se vos gusta o queixo, rela un pouco por riba para gratinar ao final.

Preparación
10 min.

Cociñado
30 min.

Total
40 min.

Racións
5

Ingredientes

  • 5 vieiras
  • 10 lagostinos limpos
  • 10 mexillóns, cocidos sen a súa cuncha
  • 2 culleradas sopeiras de fariña
  • 50 g de manteiga
  • 1/2 vaso de leite sen lactosa semidesnatado Leyma Natura
  • 1/2 vaso de caldo de peixe

Preparación

  1. Separamos o coral das vieiras e cortamos a parte branca en 2 discos cada unha.
  2. Nunha tixola salteamos na manteiga as vieiras e colocámolas nas súas cunchas ou nun recipiente apto para o forno.
  3. Salteamos os lagostinos e engadimos a fariña ata integrala ben coa manteiga. Engadimos aos poucos o leite e o caldo e imos removendo cunhas variñas ata que non queden grumos. Deixamos cocer a bechamel 25 minutos.
  4. Rectificamos de sal. Engadimos os mexillóns picados e repartimos a bechamel nas cunchas.
  5. Gratinamos ao forno 6 minutos ata que estean douradas.

As nosas suxerencias