LEYMA NATURA
BASES DA PROMOCIÓN «BASQUET CORUÑA VS ALICANTE»
1.- Organizador e obxecto da promoción:
Grupo Leche Río S.A., (en adiante LEYMA), con domicilio social na avenida de Benigno Rivera s/n do Polígono do Ceao en Lugo , e con número de identificación fiscal A27015965, realizará unha promoción denominada “Basquet Coruña vs ALICANTE” (en adiante, a promoción) para a súa comunidade de fans que se desenvolverá en Galicia e na que se sortearán 4 invitacións dobres para o palco VIP para o partido do Basquet Coruña contra o Alicante no Palacio dos Deportes de Riazor que terá lugar o 15 de outubro de 2023, 18.00 horas.
2.- Ámbito territorial e persoal:
O ámbito territorial da promoción comprende a comunidade autónoma de Galicia.
Únicamente poderán participar na promoción as persoas físicas maiores de 18 anos e residentes legais en Peninsular que cumpran o resto de requisitos establecidos nestas bases legais.
Non se permite a participación de empregados de LEYMA, así como de empresas colaboradoras no deseño, desenvolvemento e execución da presente Promoción, ou daquelas persoas que teñan relación de parentesco ata o segundo grado nin os cónxuxes e parellas dos anteriormente mencionados.
3.- Duración:
A presente promoción desenvolverase dende a publicación do post de participación nas redes sociais de Leyma o luns 09 de outubro de 2023 ata as 08 horas do mércores 11 de outubro de 2023, ambos os dous inclusive, e resolverase por sorteo, mediante a aplicación online Easypromos ou similar segundo se explicita no epígrafe 7 «Entrega do premio» destas bases legais.
Por causa de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, LEYMA poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.
4.- Carácter gratuíto da promoción:
A promoción é gratuíta e non implica en si mesma un pagamento adicional ou incremento de prezo dos produtos que se promocionan. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico ou calquera outra comunicación que deban realizar as persoas participantes e que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.
5.- Premio da promoción:
Na presente promoción sortéanse 4 invitacións dobres para o palco VIP para o partido do Basquet Coruña contra o Zunder Palencia no Palacio dos Deportes de Riazor que terá lugar o 15 de outubro de 2023, 18.00 horas.
Os gañadores poderán renunciar ao premio obtido pero en ningún caso poderá canxealo por outros distintos nin polo seu valor en diñeiro. Así mesmo queda prohibida a comercialización e/ou venda do dereito a obtención do premio.
A renuncia non dará ningún dereito de indemnización ou compensación.
6.- Forma de participación e mecánica da promoción:
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia na comunidade autónoma de Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
1.- Poderase participar dende Facebook ou Instagram;
2.- Os participantes deben ser seguidores do perfil oficial de Leyma Natura da rede na que participa no sorteo.
3.- Os participantes tamén haberán de deixar un comentario visible na publicación oficial do concurso na páxina de fans de Facebook ou no perfil de Instagram de Leyma Natura no que deberá mencionar á persoa coa que lles gustaría ir.
4.- Os participantes deberán compartir a publicación do sorteo nas Stories mencionando ao perfil oficial de Leyma Natura.
Só será válido un único comentario por participante.
Consideraranse nulas, para os efectos da súa participación, aquelas inscricións que non cumpran estes requisitos ou os comentarios non sexan públicos e accesibles.
LEYMA poderá instar a exclusión da promoción de todas aquelas fotografías inapropiadas, inaxeitadas ou que incumpran o establecido nas presentes bases, que puidesen atentar á dignidade das persoas ou que vulneren os valores e dereitos recoñecidos na Constitución.
As Bases Legais da promoción estarán dispoñibles na páxina web de LEYMA (www.leyma.gal) e se comunicará o link á páxina de LEYMA no post do SORTEO publicado.
7.- Entrega do premio:
O mércores 11 de outubro celebrarase 1 único sorteo dos 4 premios obxetos desta promoción a través da aplicación EasyPromos ou similar. Extraeránse tamén 10 suplentes.
En ningún caso poderase cambiar de premio obtido polo da outra licenza nin solicitar un premio personalizado.
A comunicación do gañador realizarase nun Storie do perfil de Instagram de Leyma Natura e no muro de Facebook de Leyma Natura e será inapelable.
O gañador autoriza a que o seu nome de Instagram ou Facebook sexa publicado nas redes sociais de Leyma Natura.
Tras o sorteo, os gañadores deberán reclamar a aceptación do premio antes das 14 horas do mércores 11 de outubro de 2023 a través da aplicación do sorteo ou unha Mensaxe Privada a Leyma Natura e deberán facilitar nome completo, DNI, teléfono de contacto.
Se o premio quedase sen reclamar, darase paso ao suplente que terá de prazo para solicitar o seu premio ata as 16 horas dese mesmo día.
O premio recollerase no despacho de billetes do Leyma Basquet o día do partido.
En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador.
LEYMA NATURA resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes agraciados nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.
LEYMA NATURA queda eximida de calquera responsabilidade en caso de existir algún erro nos datos facilitados polos gañadores / suplentes que impida a súa identificación.
8.- Condicións e reservas:
A comunicación dos datos persoais a través do perfil de FACEBOOK ou INSTAGRAM de fans oficial de LEYMA NATURA, é requisito obrigatorio para que os gañadores poidan recibir o premio obtido como participantes lexitimamente admitidos ao sorteo, así como a súa maioría de idade. De resultar agraciada algunha persoa que non cumpra estes requisitos a súa participación resultará automaticamente excluída e o premio outorgaráselle ao/á inmediato/a suplente.
LEYMA descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Este concurso organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os consumidores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da Boa Fe. Por ese motivo, LEYMA excluirá automática e inmediatamente del a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta mendaz ou inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos, en caso de que as irregularidades, ou calquera outras, se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, LEYMA resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios.
Os premios da promoción non se poderán sustituír por outros a petición do gañador, nin poderán ser cambiados polo seu valor en metálico. LEYMA resérvase, en calquera caso, o dereito a mudar os elementos da promoción por outros de igual ou superior valor cando concorra xusta causa, e ademais, tamén, resérvase o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción por LEYMA, se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade desta, esta non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases.
LEYMA non será responsable da imposibilidade dos participantes para acceder a súa conta/perfil para participar na promoción, por erros ou fallos nas conexións e comunicacións por Internet. Nin da non disponibilidade ou mal funcionamento de Instagram e Facebook.
LEYMA non se fai responsable do mal funcionamento e erros que puideran xurdir á hora de participar na promoción, interrupcións, borrado ou non identificación por LEYMA das participacións a través de Instagram ou Facebook, por non mencionar a dous perfiles na publicación de LEYMA no prazo de participación na promoción, non facerse seguidor do Perfil en Instagram ou Facebook, non poder localizar os comentarios do participante por realizarse noutro post/contenido distinto ao que debían comentar.
Tampouco será responsabilidade de LEYMA non poder comunicarse con algún gañador por que tras recibir o mensaxe privado a través de Instagram, non contesten ou non contacten con LEYMA no prazo fixado, ou porque os datos de contacto que facilite o gañador sexan erróneos ou incompletos. LEYMA non estará obrigada a comunicar aos participantes que perderon o seu dereito o premio.
LEYMA resérvase o dereito a modificar as datas de participación e as bases legais da promoción sen perxuízo das participacións xa computadas ata o momento de realizar os cambios. Tamén se poderán actualizar estas bases legais por erros ou omisións no seu contido ou para a súa correcta interpretación e/ou aplicación. LEYMA solo estará obrigado a comunicar as modificacións ou actualizacións nos medios de participación da promoción.
Os premios da presente Promoción quedarán suxeitos á lexislación española vixente e demais disposicións concordantes, relativas a impostos e taxas que correspondan aplicar aos premios e gañadores no momento da entrega do premio.
O non previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal disposta que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten axeitados, e principios xerais do Dereito.
9.- Tratamento de datos persoais:
Os datos de carácter persoal que faciliten as persoas participantes neste concurso serán tratados dando estrito cumprimento ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais, e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aprobou o Regulamento que a desenvolve así como co Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.
A persoa participante coñece e consente inequivocamente que os seus datos persoais sexan tratados por Grupo Leche Río S.A., con domicilio social na avenida de Benigno Rivera s/n do Polígono do Ceao en Lugo, e con número de identificación fiscal A27015965, quen os usará e tratará sen que xere ningún tipo de remuneración, conforme ao previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de realizar cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do concurso.
Non obstante, este dereito poderá ser revogado no momento en que o participante estime oportuno. Grupo Leche Río garante os seus dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación , limitación do tratamento e portabilidade. Para exercer estes, o participante terá que dirixirse a Grupo Leche Río S.A., Vega de Anzuelos–Láncara, 27367 Lugo, identificándose de forma fidedigna, para verificar a súa identidade e non poñer en risco a súa privacidade e confidencialidade; ou ben a queremosleima@lecherio.com.
En calquera caso, o tratamento da información facilitada como participante restrínxese á finalidade de participar neste concurso suxeito as presentes bases.
Os datos serán tratados durante a sustanciación do concurso e, unha vez finalizado este, serán gardados para a eventual tramitación de reclamacións ou queixas, relacionadas co desenvolvemento do mesmo, ou, en último término, ata que o participante exerza o seu dereito de cancelación en consonancia coa facultación para acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios. Os datos no se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal.
Vostede ten en todo caso dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando os seus datos persoais, polo tanto mantense inalterable o seu dereito de acceso, cancelación, rectificación ou oposición.
10.- Facebook e Instagram
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada en modo algún a Facebook nin Instagram, polo que os Participantes liberan a estas plataformas de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.
11.- Aceptación e depósito das bases:
A remisión da solicitude de participación na promoción implica a aceptación da totalidade das presentes bases polos participantes. A manifestación en contrario polo participante implicará a exclusión de éste da promoción e LEYMA quedará liberada do cumprimento da obriga con dito participante.
12.- Litixios:
A lexislación aplicable ás presentes bases é a española. Os participantes, con renuncia expresa de calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Lugo. Aos efectos de calquera notificación ou requirimento que resulte necesario efectuar por calquera causa relacionada ou derivada do presente sorteo, entenderase designado como domicilio destes os que consten salientados na comunicación da participación na presente promoción.