En Leyma coidamos do noso. Os nosos produtos, a nosa xente, os nosos animais, as granxas que nos abastecen, a nosa terra… Garantir o benestar do medio e das persoas que forman parte do noso día a día e é un dos nosos segredos para elaborar produtos da máxima calidade e facelos chegar en óptimas condicións da nosa familia á túa para que goces deles tanto como o facemos nós.
Leyma compra e produce en Galicia, sendo coherentes cunha das nosas principais razóns de ser: devolverlle á terra parte do que recibimos dela. As nosas preocupacións sobre o que de verdade importa son un aliciente fundamental para poder facelo cada día mellor e para estarmos presentes nalgúns dos momentos máis especiais do día nunha gran parte dos lares galegos. Somos unha empresa familiar con máis de 50 anos ás nosas costas e co firme compromiso de apoiar a todas as persoas que integran o sector lácteo; compromiso que mantemos dende o minuto un e que nos levou a converternos nunha marca esencial para o desenvolvemento e a supervivencia do agro galego.
O 22 de agosto de 1962 inaugúrase a central leiteira co nome Leyma; as dúas primeiras sílabas de ‘leite’ e ‘manteiga’. A recollida dese día foi de 2.000 litros, que se obtiveron a través de intermediarios entre o gandeiro e a central. O primeiro produto: leite pasteurizado en envase de vidro.
En 1979 Leyma abre a planta de Sabón (Arteixo) e empeza daquela a venda de leite esterilizado e UHT, ademais de diferentes tipos de queixo. Ao ano seguinte, a sociedade transfórmase por disposición legal en Cooperativa Agraria Provincial.
Dende a súa adquisición no ano 2005 por parte do Grupo Leche Río, presidido polo seu fundador, Jesús Lence, Leyma pasa a formar parte do principal grupo de leite de capital galego na Comunidade Autónoma, con importantes investimentos e proxectos de crecemento en marcha.
Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.
Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.