Quen máis nos axuda a xerar riqueza no rural, a evitar o despoboamento ou a fomentar o consumo local? En Galicia son moitas as mulleres que fan este labor, como as gandeiras de Leyma, un orgullo para nós.
A contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento é innegable e en Leyma temos a gran sorte de traballar con moitas delas. Todo ese bo facer, a responsabilidade e o agarimo co que fan o seu traballo tradúcese en produtos da mellor calidade, polo que nós en particular lles debemos moito.
En Leyma apoiamos á contorna rural e ás mulleres que desenvolven nela a súa actividade, en Leyma coidamos da nosa xente, Xente Auténtica.
Ofrecemos incentivos á produción de Leite Natura.
Os nosos gandeiros son máis conscientes ca ninguén do que significa o benestar animal, porque ninguén mellor ca eles sabe o que representa o coidado diario das vacas, a boa alimentación e o descanso dos animais. Xente auténtica cunha sensibilidade especial froito da experiencia e o amor pola súa profesión.
Os nosos gandeiros reciben contratos estables e prezos xustos que contribúen a manter vivo o campo.
Ofrecemos incentivos á produción de Leite Natura.