Os nosos valores

CALIDADE POR RIBA DE TODO

O leite Leyma Natura provén de vacas criadas en granxas sostibles, onde se alimentan dos seus propios pastos e de forraxes suplementados con sementes de liño, soia e xirasol, que dan como resultado un leite delicioso e máis rico en ácidos graxos insaturados, como o Omega-3. Ademais de cumpriren coa esixencia de alimentar as súas vacas de modo «tradicional», contan cun máximo de 1,8 cabezas de gando por hectárea de terreo dispoñible.

2.500 análises mensuais

O leite Leyma Natura sométese a estritos controis de calidade:

  1. En cada explotación recollemos unha mostra de leite in situ que se analiza no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite, avaliando os seus niveis de calidade fisicoquímica, estabilidade e ausencia de antibiótico. Estas análises realízanse diariamente.
  2. Cando chega o leite á nosa planta, e antes de descargalo, analízanse cada un dos cinco depósitos independentes de cada camión para garantir as propiedades naturais e calidade óptima do leite Leyma Natura.

A ORIXE IMPORTA

 

 

Sabías que, segundo os expertos, a climatoloxía galega é unha das tres mellores para producir leite en Europa? En Leyma mercamos en Galicia leite que procede de granxas familiares locais. Somos a empresa galega que máis leite recolle e transforma en Galicia, que é, pola súa vez, a comunidade que máis materia prima produce de España. O abastecemento local permítenos apoiar as comunidades agrícolas presentes na terra na que vivimos e onde traballamos, ao mesmo tempo que garantimos que os nosos produtos sexan os máis frescos e deliciosos e que minimicen a nosa pegada de carbono.

COMPROMETIDOS EN CONTRIBUÍR A UN MUNDO MELLOR

Coma ti, nós preocupámonos por como se producen os alimentos que consumimos, por como saben e que impacto teñen no medio ambiente. Os nosos briks elabóranse con materia prima renovable procedente de bosques xestionados de maneira responsable e doutras fontes controladas, son totalmente reciclables e a súa forma rectangular permite aforrar espazo durante o transporte e o almacenamento, reducindo aínda máis o impacto ambiental. Ademais de tratarse da solución coa menor pegada de carbono CO2 do mercado, Pure-Pak® de Elopak está elaborado con Enerxía Eléctrica Renovable 100 %.

RESPONSABLES CONTIGO E COS NOSOS, SEMPRE

 

Somos un gran equipo, e o que máis valoran os nosos traballadores é que se trata dunha empresa familiar e que nela a súa contribución importa. Xuntos marcamos unha diferenza que non poderiamos marcar como individuos. Fornecemos un produto de excelente calidade a un prezo accesible para todos.

 

Tamén marcamos unha diferenza no agro galego e en Galicia. Os nosos gandeiros reciben contratos estables e prezos xustos que contribúen a manter o campo vivo.

TRABALLAMOS PARA TI

 

A nosa filosofía é dar o mellor de nós mesmos para che ofrecer produtos excelentes. Esforzámonos en saber o que precisas e facemos todo o posible por adaptarnos ás túas esixencias en canto a calidade, sabor e responsabilidade á hora de elaborar todos e cada un dos nosos produtos. Leyma non tería sentido sen vós.