Rosquillas
Hoxe preparamos todo un clásico do Entroido da nosa terra: as rosquillas. Un doce moi típico que facemos ao longo de todo o ano, aínda que nesta época non falla. ????
Compartimos con vós o “paso a paso” da nosa receita na que non pode faltar o noso leite Leyma Natura.
Tempo de preparación (minutos): 60
Tempo de cociñado (minutos): 10
Racións: 4
Ingredientes
- 3 ovos
- 150 ml do leite Leyma Natura
- 150 gr de azucre
- 80 ml de aceite
- Reladura dun limón
- 2 culleradas de anís
- 1 sobre de fermento
- 600 gr de fariña
- Azucre granulado para decorar
- Aceite de oliva para fritir
Preparación
- Bater os ovos co azucre e engadir a reladura do limón, o leite, o aceite e o anís ata obter unha mestura homoxénea.
- Engadir a fariña tamizada co fermento.
- Chegou o momento de amasar! Ten paciencia e faino con cariño ata obter una masa consistente. Agora deixarémola reservada durante 45 minutos e tapada.
- Toca poñerse mans á obra para formar as rosquillas. A nosa parte favorita! Collemos anacos de masa pequenos para ir dándolles forma de rosquilla a cada un.
- Unha vez que estén listas, imos fritilas na tixola con abundante aceite ata que estean douradas.
- Cando estean feitas, poñerémolas sobre papel absorbente para quitarlles o exceso de aceite.
- Empoamos agora cun pouquiño de azucre. Nós empregamos azucre granulado, pero podes escoller o que máis che guste.
- E xa só queda gozar delas!