Madalenas de cabaza

Facemos unhas deliciosas madalenas de cabaza para unha merenda divertida para o Samaín. Unha forma diferente de degustar a cabaza e moi saborosa.

Tempo de preparación (minutos): 5
Tempo de cociñado (minutos): 20
Racións: 4

Ingredientes

  • 100 ml do leite semidesnatado Leyma Natura
  • 300 gramos de cabaza asada
  • 150 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 3 ovos
  • 1 sobre de fermento
  • 1 cullerada pequena de bicarbonato sódico
  • 250 gramos de azucre
  • 200 gramos de fariña
  • 1 cullerada de azucre invertido

Preparación

  • Primeiro haberá que asar a cabaza e logo escorrela nun coadoiro para logo machacala cun garfo ata deixala como puré.
  • Bater os ovos co azucre e o azucre invertido ata obter unha crema esponxosa. Logo engadir o leite e o aceite sen deixar de bater. Tamén a fariña tamizada, co fermento e o bicarbonato.
  • Pouco a pouco engadir tamén a fariña ata obter unha mestura homoxénea e sen grumos.
  • Engadirlle agora o puré de cabaza e mesturar ben.
  • Agora imos montar o noso preparado nos moldes. Haberá que encher 3/4 partes da súa capacidade. Deixaremos reposalo así no frigorífico unha horiña.
  • Pasado ese tempo, prequencer o horno a 180 ºC.
  • Antes de meter os moldes no forno, empoar as madalenas con azucre e xa están listas para meter no forno e deixalas 20 minutiños ata que se vexan douradas.