Tiramisú de castaña

É tempo de castañas e que mellor que aproveitalo! Marchando un tiramisú de castañas e a gozar da receita!

Tempo de preparación (minutos): 90
Tempo de cociñado (minutos): 1080

Racións: 4

Ingredientes

Ingredientes base

  • 150 gr. de castañas
  • 1/2 culleradiñas de café instantáneo
  • 2 culleradas de aceite de coco (líquido)
  • 2 culleradas de auga
  • Sal

Ingredientes capa mousse de chocolate

  • 250 gr. de castañas
  • 7 culleradas de leite enteiro Leyma Natura
  • 4 culleradas de aceite de coco (líquido)
  • 2 culleradas de cacao en po
  • 1/2 cullerada de panela
  • 1 cullerada de café instantáneo

Ingredientes capa crema

  • 80 gr. de castañas
  • 75 ml. de leite enteiro Leyma Natura
  • 1 cullerada de sirope de agave
  • Sal

Preparación

  • Pelar as castañas e poñelas en remollo durante 12 horas. Logo bater os ingredientes para facer a base do tiramisú ata obter unha mestura homoxénea.
  • Colocar a masa no molde e poñelo no conxelador.
  • Logo bater os ingredientes da mousse de chocolate tamén ata obter unha masa homoxénea. Sacar o molde que tiñamos no conxelador e colocar a mousse sobre a base e introducimos de novo isto no conxelador.
  • Agora toca bater os ingredientes da capa de crema e volvemos a sacar o molde do conxelador e botámoslle por riba a crema. Poñerlle film transparente ao molde e ao conxelador de novo durante seis horiñas.
  • 30 minutos antes de servir, retirar do conxelador e empoar co cacao por riba. E a gozar!