Galletas de manteiga

Estas galletas de Nadal de manteiga prepáranse de forma moi sinxela se segues o paso a paso desta receita. Xa nos contas que tal o resultado. ????

Tempo de preparación (minutos): 70
Tempo de cociñado (minutos): 12
Racións: 4

Ingredientes

  • 200 gramos de manteiga Leyma Natura
  • 120 gramos de azucre
  • 280 gramos de fariña de trigo
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla

Preparación

  • Mesturar nun recipiente a manteiga co azucre.
  • Unha vez que teñamos unha mestura homoxénea, engadir a culleradiña da esencia de vainilla.
  • Pasar a fariña por un coador antes de engadila ao recipiente. Logo debemos mesturar todo ben.
  • Agora toca poñerlle forma! O noso consello é facer roliños coa axuda de papel film e metelo no refrixerador durante unha hora. Logo o que faremos será cortar en toros para logo enfornarlos.
  • Agora toca poñelas no forno e deixalas a 180º durante uns 11-12 minutos. Se ves que están brandas, no as deixedes máis.