Flan de turrón

Para os fans do turrón, a gozar desta sobremesa que é a perfecta para estas datas! Non poderedes resistirvos!

Tempo de preparación (minutos): 45
Tempo de cociñado (minutos): 30
Racións: 4

Ingredientes

  • 400 ml de leite enteiro de botella Leyma Natura
  • 200 gramos de turrón de chocolate branco
  • 4 ovos
  • 4 culleradas de azucre para o flan
  • 5 culleradas de azucre para o caramelo

Preparación

  • Prequencer o forno a 175º.
  • Comezaremos desfacendo o turrón para logo trituralo conco xunto co leite.
  • Por outra parte, ir batendo os ovos co azucre ata obter unha mestura homoxénea. Agora engádelle o preparado do turrón co leite e reserva.
  • Para a preparación do caramelo, poñer as 5 culleradas de azucre e quentar a lume alto para logo baixalo un pouco cando vaia tendo cor. Remexer ata lograr que o azucre sexa de cor dorada.
  • Hora de poñer o caramelo no fondo de recipiente e logo poñer o preparado.
  • Colocar as flaneras nunha bandexa con catro dedos de auga e meter ao forno durante 25 minutos ata que ao meter o coitelo salga limpo.
  • Unha vez pasado o tempo, deixar arrefriar os flans a temperatura ambiente e logo á neveira ata o momento de servir.