Roscón de reis

Para a elaboración do roscón de Reis, empregamos o noso leite Leyma Natura en versión 0,5 l e o resultado foi moi ben. Como poderedes ver no paso a paso que vos proñemos, a receita é máis sinxela do que parece.

Tempo de preparación (minutos): 90
Tempo de cociñado (minutos): 20
Racións: 4

Ingredientes

  • 100 ml de auga
  • 2 ovos
  • 30 ml de leite enteiro Leyma Natura
  • 300 gr fariña de forza
  • 50 gr de manteiga Leyma Natura
  • 80 gr de azucre
  • Améndoas en láminas
  • Froita escarchada
  • Azucre granulado
  • 15 gr de fermento prensado
  • Reladura dunha laranxa
  • Sal

Preparación

  • Comezamos poñendo nun conco 250 gr de fariña e facemos un oco no medio para poñer o azucre, o fermento (disolto en auga templada), o leite, a reladura da laranxa e manteiga. Mesturamos e engadimos un ovo, un chisco de sal e amasar.
  • Logo poñer a masa sobre unha superficie con fariña e seguir amasando ata obter unha masa con forma, elástica e pegañenta.
  • Formar unha bola coa masa e facer un aguxeiro no centro e imos dándolle forma ao roscón.
  • Agora poñémolo nunha bandexa de forno e deixámolo reposar durante 1 hora. Mentres, aproveitade para prequencer o forno a 180ºC.
  • Pintar o roscón co outro ovo batido e poñémoslle a froita escarchada, as améndoas e o azucre granulado.
  • Enfornar o roscón entre 15 y 20 minutos a 200º e deixarémolo arrefriar lixeiramente antes de servir.