https://leyma.gal/web/wp-admin/admin.php?page=themify#

 

Nós

nosotros-img
Leyma Natura - nosotros

En Leyma coidamos do noso.

Os nosos produtos, a nosa xente, os nosos animais, as granxas que nos abastecen, a nosa terra… Garantir o benestar do medio e das persoas que forman parte do noso día a día e é un dos nosos segredos para elaborar produtos da máxima calidade e facelos chegar en óptimas condicións da nosa familia á túa para que goces deles tanto como o facemos nós.

Leyma compra e produce en Galicia, sendo coherentes cunha das nosas principais razóns de ser: devolverlle á terra parte do que recibimos dela. As nosas preocupacións sobre o que de verdade importa son un aliciente fundamental para poder facelo cada día mellor e para estarmos presentes nalgúns dos momentos máis especiais do día nunha gran parte dos lares galegos. Somos unha empresa familiar con máis de 50 anos ás nosas costas e co firme compromiso de apoiar a todas as persoas que integran o sector lácteo; compromiso que mantemos dende o minuto un e que nos levou a converternos nunha marca esencial para o desenvolvemento e a supervivencia do agro galego.

historia-1

O 22 de agosto de 1962 inaugúrase a central leiteira co nome Leyma; as dúas primeiras sílabas de ‘leite’ e ‘manteiga’. A recollida dese día foi de 2.000 litros, que se obtiveron a través de intermediarios entre o gandeiro e a central. O primeiro produto: leite pasteurizado en envase de vidro.

historia-2

En 1979 Leyma abre a planta de Sabón (Arteixo) e empeza daquela a venda de leite esterilizado e UHT, ademais de diferentes tipos de queixo. Ao ano seguinte, a sociedade transfórmase por disposición legal en Cooperativa Agraria Provincial.

historia-2
lence

Dende a súa adquisición no ano 2005 por parte do Grupo Leche Río, presidido polo seu fundador, Jesús Lence, Leyma pasa a formar parte do principal grupo de leite de capital galego na Comunidade Autónoma, con importantes investimentos e proxectos de crecemento en marcha.