Os nosos valores
SOMOS
CALIDADE
Un gran produto non é froito da casualidade, porque a calidade forma parte das nosas conviccións e empapa en todo o que facemos.
Leite 100% galega, co certificado de benestar animal e o selo de Galicia Calidade. A calidade é a nosa maneira de pensar.
O leite Leyma Natura provén de vacas criadas en granxas sostibles, onde se alimentan dos seus propios pastos e de forraxes suplementados con sementes de liño, soia e xirasol, que dan como resultado un leite delicioso e máis rico en ácidos graxos insaturados, como o Omega-3. Ademais de cumpriren coa esixencia de alimentar as súas vacas de modo «tradicional», contan cun máximo de 1,8 cabezas de gando por hectárea de terreo dispoñible.
2.500 análises mensuais. O leite Leyma Natura sométese a estritos controis de calidade:
-
En cada explotación recollemos unha mostra de leite in situ que se analiza no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite, avaliando os seus niveis de calidade fisicoquímica, estabilidade e ausencia de antibiótico. Estas análises realízanse diariamente.
-
Cando chega o leite á nosa planta, e antes de descargalo, analízanse cada un dos cinco depósitos independentes de cada camión para garantir as propiedades naturais e calidade óptima do leite Leyma Natura
SOMOS
COMPROMISO
Dise que un é de onde pace e non de onde nace. No noso caso pacemos onde nacemos. Por iso estamos comprometidos con esta terra e a súa xente, coa súa economía, a súa contorna… Un compromiso inquebrantable con Galicia.
Coma ti, nós preocupámonos por como se producen os alimentos que consumimos, por como saben e que impacto teñen no medio ambiente. Os nosos briks elabóranse con materia prima renovable procedente de bosques xestionados de maneira responsable e doutras fontes controladas, son totalmente reciclables e a súa forma rectangular permite aforrar espazo durante o transporte e o almacenamento, reducindo aínda máis o impacto ambiental. Ademais de tratarse da solución coa menor pegada de carbono CO2 do mercado, Pure-Pak® de Elopak está elaborado con Enerxía Eléctrica Renovable 100 %