Os nosos produtos
A familia Leyma Natura está composta por produtos saudables, envasados a partir de leite producido en ganderías seleccionadas e sostibles de Galicia.
A alimentación natural das nosas vacas proporciona un leite con ata o triplo de Omega-3, sen engadidos. O leite Leyma Natura é un leite sabedeiro e natural coma o de antes, rico en nutrientes coma calcio, fósforo, magnesio e proteínas que nos axudan a mellorar a nosa saúde.