https://leyma.gal/web/wp-admin/admin.php?page=themify#

Os nosos
gandeiros

+450

Granxas galegas
véndennos o seu leite.

100%

do Leite Leyma procede
de gandarías galegas.

+1.020

Familias dependen directa
ou indirectamente de Leyma.

100%

do Leite Leyma envásase
en Galicia para Galicia.

TRABALLAMOS POLO RURAL 

Quen máis nos axuda a xerar riqueza no rural, a evitar o despoboamento ou a fomentar o consumo local? En Galicia son moitas as mulleres que fan este labor, como as gandeiras de Leyma, un orgullo para nós.

A contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento é innegable e en Leyma temos a gran sorte de traballar con moitas delas. Todo ese bo facer, a responsabilidade e o agarimo co que fan o seu traballo tradúcese en produtos da mellor calidade, polo que nós en particular lles debemos moito.

En Leyma apoiamos á contorna rural e ás mulleres que desenvolven nela a súa actividade, en Leyma coidamos da nosa xente, Xente Auténtica.

COIDAMOS DOS NOSOS

Os nosos gandeiros son máis conscientes ca ninguén do que significa o benestar animal, porque ninguén mellor ca eles sabe o que representa o coidado diario das vacas, a boa alimentación e o descanso dos animais. Xente auténtica cunha sensibilidade especial froito da experiencia e o amor pola súa profesión.

Os nosos gandeiros reciben contratos estables e prezos xustos que contribúen a manter vivo o campo