COIDAMOS DO QUE CHE IMPORTA

Leite natural producido e elaborado en Galicia, garantía

de frescura e calidade. Agora máis sostible con envase 100 % reciclable.

XENTE AUTÉNTICA

Os nosos gandeiros danlle significado ao benestar animal, porque ninguén é máis consciente ca eles do que representa o coidado diario das vacas, a boa alimentación e o descanso dos animais. Xente auténtica cun vencello especial froito da experiencia e o amor pola súa profesión.

SÓ LEITE DE GALICIA PARA GALICIA

A recollida diaria do leite fresco das nosas gandarías familiares non é un traballo calquera. A profesionalidade e o bo facer dos nosos transportistas é a garantía de que só chegue ás nosas instalacións leite de calidade excelente.

DA NOSA FAMILIA Á TÚA

As familias de verdade chamámoslles ás cousas polo seu nome e temos claro o que é bo. O leite LEYMA natura vén de vacas de granxas sostibles, onde se alimentan dos seus propios pastos, producindo un leite delicioso con menos ácidos graxos saturados, fonte natural de Calcio e Vitamina D que reforzan o teu sistema inmunitario.

  • Cocina con Leyma

    Un prato fácil, rápido, moi nutritivo e que resolve as ceas ou o primeiro prato de calquera comida. Nos substituímos a pataca por unha presa de arroz integral; a textura é semellante e é unha forma moi sinxela de incorporar cereais completos a unha dieta......