Biscoito de améndoas e sementes de papoula cun toque de azar
E o gañador do noso reto #XantamosComoAntesconLeyma foi… Javier de @cocinandoconhistorias que preparou un delicioso biscoito de améndoas e papoulas cun toque de azar. Deixámosvos por aquí a súa receita! Anímate e proba a facela!
Tempo de preparación (minutos): 90
Tempo de cociñado (minutos): 60
Racións: 4
Ingredientes
- 140 ml de AOVE
- 180 ml do noso leite semidesnatado Leyma Natura
- 2 ovos
- 1 tapón de auga de azar
- 150 gr de azucre de caña
- 200 gr de fariña
- 50 gr de fariña de améndoas
- 12 gr de fermento químico
- 25 gr de sementes de papoula
- 1 chisco de sal
- 1/2 culleradiñas de esencia de vainilla
Preparación
- Poñer os ovos e o leite nun conco e bater.
- Engadir o AOVE, pouco a pouco, e o auga de azar para integrar ben.
- Poñer a mestura de fariña, fariña de améndoas, fermento, fariña de papoula, sal, esencia de vainilla e bater durante dous minutos.
- Poñer a mestura nun molde (con papel no fondo) e untar cun pouco de manteiga Leyma Natura.
- Enfornar sobre unha hora co forno previamente prequencido a 180ºC.
- Pasado ese tempo, deixar arrefriar e desmoldar.
- Decorar con azucre glas