Rosquillas

Hoxe preparamos todo un clásico do Entroido da nosa terra: as rosquillas. Un doce moi típico que facemos ao longo de todo o ano, aínda que nesta época non falla. 😍

Compartimos con vós o “paso a paso” da nosa receita na que non pode faltar o noso leite Leyma Natura.

Tempo de preparación (minutos): 60
Tempo de cociñado (minutos): 10
Racións: 4

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 150 ml do leite Leyma Natura
  • 150 gr de azucre
  • 80 ml de aceite
  • Reladura dun limón
  • 2 culleradas de anís
  • 1 sobre de fermento
  • 600 gr de fariña
  • Azucre granulado para decorar
  • Aceite de oliva para fritir

Preparación

  • Bater os ovos co azucre e engadir a reladura do limón, o leite, o aceite e o anís ata obter unha mestura homoxénea.
  • Engadir a fariña tamizada co fermento.
  • Chegou o momento de amasar! Ten paciencia e faino con cariño ata obter una masa consistente. Agora deixarémola reservada durante 45 minutos e tapada.
  • Toca poñerse mans á obra para formar as rosquillas. A nosa parte favorita! Collemos anacos de masa pequenos para ir dándolles forma de rosquilla a cada un.
  • Unha vez que estén listas, imos fritilas na tixola con abundante aceite ata que estean douradas.
  • Cando estean feitas, poñerémolas sobre papel absorbente para quitarlles o exceso de aceite.
  • Empoamos agora cun pouquiño de azucre. Nós empregamos azucre granulado, pero podes escoller o que máis che guste. 
  • E xa só queda gozar delas!