Natillas con Leyma
Prepara con nós unha sobremesa desas que gustan a todos os públicos, das de toda a vida! Unhas natillas caseiras feitas co noso leite Leyma. Esta vez quixemos facelas co noso leite fresco semidesnatado e o resultado foi espectacular!
Tempo de preparación (minutos): 5
Tempo de cociñado (minutos): 25
Racións: 4
Ingredientes
- 1 litro do leite fresco semidesnatado Leyma
- 7 ovos
- 1 ramiña de canela
- 80 gr de azucre
- 1 cullerada de maicena
- Galletas María
Preparación
- Comezar poñendo nun cazo a canela e 700 ml do leite fresco Leyma a lume medio e deixalo ata ferver.
- Por outro lado, os 300 ml de leite restantes haberá que poñelos nun vaso e engádelle a maicena. E nun conco bater as sete xemas dos ovos co azucre .
-
Unha vez que o leite ferva, retiralo do lume e verter cun coador nun conco.
- Poñer a mestura nun cazo a lume baixo e remexer sen parar. Haberá que agardar e, cando xa non teña espuma, estarían feitas as natillas e poderíamos retiralas do lume.
- Coar as natillas sobre un recipiente e metelas na neveira para que arrefríen.
- Logo repartir as natillas en vasiños e emplatar poñendo unha galleta maría por ración.