Torradas de Pascua

Seguindo as vosas recomendacións, preparamos unhas torradas por Pascua co noso leite enteiro. Anímate a preparalas por estas datas!

Tempo de preparación (minutos): 5
Tempo de cociñado (minutos): 25
Racións: 4

Ingredientes

  • 1 barra ou bola de pan do día anterior
  • 5 ovos
  • 1 litro de leite enteiro Leyma Natura
  • Canela en empoar
  • 1 ramiña de canela
  • 70 gr de azucre
  • Aceite de oliva

Preparación

  • Comezar poñendo nun cazo o leite, o azucre e a rama de canela. Cando comece a ferver retirar do lume e agardar a que arrefríe.
  • Deixamos o pan en remollo durante unha hora ata que absorba ben no leite.
  • Logo terás que batir os ovos e pasar o pan por ambas caras para poñelos a fritir en abundante aceite de oliva.
  • Voltear polas dúas caras e escurrir ben quitándolles o exceso de aceite.
  • Mesturamos o azucre coa canela mulida e botarllo nas torradas.
  • E tomalas como máis nos preste. Nós preferimos quentes e feitas no momento.