Larpeira de San Xoán
Preparamos unha larpeira de San Xoán para celebrar esta festa tan típica da nosa terra!
Ingredientes
- 100 gramos de fariña para o prefermento
- 10 gramos de fermento fresco de panadería para o prefermento
- 70 gramos de leite semidesnatado Leyma para o prefermento
- 100 gramos de azucre para a masa
- 100 gramos de manteiga Leyma para a masa
- 100 gramos de leite semidesnatado Leyma para a masa
- 30 gramos de anís para a masa
- 500 gramos de fariña para a masa
- Un chisco de sal para a masa
- 3 ovos e 2 xemas para a masa
- O fermento que fixemos para a masa
- Reladura de un limón para a masa
- 300 gramos de leite semidesnatado Leyma para a crema pasteleira
- 100 gramos de azucre para a a crema pasteleira
- 30 gramos de fariña de millo para a crema pasteleira
- 2 ovos para a crema pasteleira
- 1 cullerada de reladura dun limón para a crema pasteleira
- 100 ml de auga para o almibre
- 80 gramos de azucre para o almibre
- 30 gramos anís para o almibre
- Azucre perlado para decorar
Preparación
- Comezaremos co prefermento facendo unha masa poñendo o fermento en auga e engadindo a fariña. Agora toca deixalo reposar como mínimo oito horas.
- Para a masa mesturamos todos os ingredientes e formamos unha masa.
- Deixámola reposar catro horiñas e mentres imos preparando o almibre e a crema pasteleira.
- Cando pase o tempo de deixar reposar a masa, prepararemos a larpeira.
- Poñemos papel de forno e poñemos enriba a masa estirada e facémoslle uns corte. Pintámola de aceite e agora toca deixala reposar un par de horas.
- Pasado ese tempo, poñemos a crema pasteleira nos ocos e deixamos que repose un chisco máis.
- Prequencemos o forno 10 minutos a 180ºC e imos pintando a larpeira co ovo batido e un pouco de azucre perlado e xa podemos metela no forno.
- E ao final botámoslle o almibre e deixámola arrefriar.